PEIXES
Peixes nace no ano 2009 como unha idea dun grupo de amigos co obxectivo de identificarse baixo un logo e un nome.
Baixo este contexto, e tras anos de parón, Peixes renace no 2018 cunha madurez e unha ideoloxía diferentes a anos atrás. Con esto, un obxectivo claro; levar a cabo un proxecto grupal que nos proporcione unha motivación e satisfacción á hora de ofrecer un produto local, distinto, e co cal identificarse.
A nosa condición de surfistas fainos vivir ligados á praia, polo que coñecemos os problemas do noso entorno.
A filosofía de Peixes virá constatada baixo unha idea de coidado polo medio ambiente, paixón polo océano e transmisión da beleza da natureza.
OCEANO
NATUREZA
SURF
MEDIO
AMBIENTE
PRODUTOS
Aquí presentamosvos a primeira gama de roupa que poñemos á venda. Estas prendas, nas que puxemos toda a ilusión do mundo, teñen coma selo de identidade o respecto e a protección polos océanos e o ecosistema; xa que, na súa elaboración, úsanse materiais orgánicos e reciclados.
Por esta razón, con cada compra que fagas estarás aportando o teu gran de area para loitar contra a contaminación do medio ambiente e contribuír a un entorno sostible.
VENDA EN MAN EN CARBALLO E BARCELONA CIDADE
PROXIMAMENTE VENDA ONLINE
Dende Peixes tratamos de proporcionar produtos de calidade buscando a durabilidade, sempre dende a conciencia do ecoloxismo e o comercio xusto. É por esto que as nosas prendas contan con algún dos certificados máis recoñecidos no ámbito ecolóxico, tales como GLOBAL RECYCLED STANDARD, GOTS (Global Organic Textile Standard) THE CARBON TRUST e ORGANIC BLENDED CONTENT STANDARD. Todas elas están aprobadas baixo o selo da ONG FAIR WEAR que loita e garante os dereitos dos traballadores.
EQUIPO
No ano 2009, foron moitas as persoas que colaboraron e que axudaron a que Peixes cobrase vida. Hoxe en día, somos catro os membros que estamos traballando para que este pequeno proxecto saia adiante con máis forza grazas ao entusiasmo e a ilusión que nos da levar a cabo as ideas que realmente nos apaixonan.
Somos un equipo de mozos galegos que compartimos gustos e intereses e que, vaiamos a onde vaiamos, sempre levaremos as nosas raíces no corazón.
ANTÓN COBAS
A ilusión e positivismo de Antón son trazos que se relacionan perfectamente ca filosofía de Peixes e, por iso, é peza clave no desenvolvemento da empresa. Nado no 1993, a súa inclinación polo mar, a natureza e a educación fano un dos pilares na concienciación no coidado do medio ambiente. Actualmente afincado en Barcelona, a súa paixón polo ensino do surf e o seu entusiasmo por viaxar e coñecer novos sitios onde vivir e aprender fan del un auténtico alumno da vida.
DIEGO DÍAZ
O veterán do equipo nace no ano 1989 moi ligado á Praia de Razo, onde comeza a súa andadura primeiramente no bodyboard e posteriormente ca profesionalización no ensino do surf. Diego é a definición de traballo en persoa e é encargado do deseño gráfico e estructuración de Peixes onde tanto a web como o plantexamento do estilo que nos pertence é obra del. Na actualidade reside en Barcelona onde armoniza o seu traballo de arquitecto con este pequeno proxecto.
GUSTAVO FIGUEIRA
Nado no ano 1990 en Carballo como o resto dos integrantes, Gus é o alma mater da empresa. A súa motivación e positivismo nos inicios de Peixes foron pezas clave para que dunha pequena idea entre amigos xurdise un proxecto cuns valores e uns principios moi definidos. A súa paixón pola arquitectura, o coidado do medio ambiente e da xustiza social defíneno moi ben e compaxina Peixes co seu traballo de arquitecto en Barcelona.
CARLOS VILLARIN
A derradeira incorporación no proxecto nace no ano 1995 converténdose no pequeno do equipo. Carlos intégrase no proxecto aportando a cousa máis importante que ten que ter un conxunto de persoas que é o sentido común. O seu don de xentes, felicidade e paixón por unha vida sinxela sen excesos proporciónalle a Peixes o flow que o caracteriza. Recentemente pódese atopar surfeando ondas grandes e solitarias, e estudando a carreira de Enxeñería Mecánica.
PROXECTOS
Segundo numerosos estudos, cada segundo vértense máis de 200 kilos de plástico aos océanos e é incontable a cantidade exacta que existe actualmente nos nosos mares.
A nosa inquietude co que observamos nas praias é un dos motivos polos cales queremos transmitir esta idea de conciencia coa natureza e o seu coidado, e que, pouco a pouco, nos preocupemos de que debemos reaccionar e iniciar un cambio no cal o principal obxectivo sexa conservar o noso entorno.
O 2018 é o ano no que arrancamos con moita ilusión por colaborar, participar e promover todas as actividades e eventos nos que a protección do medio ambiente sexa o tema principal.
Este apartado da web será o noso recuncho máis prezado, onde vos iremos contando todos aqueles proxectos medio ambientais nos que Peixes estará presente.
PROXIMAMENTE
CONTACTO
Se tés calquera dubida, inquietude, crítica, sexa positiva ou negativa, ou se simplemente queres mandarnos unha mensaxe para saudarnos, non dudes en facelo.
Aquí abaixo deixamosche o noso email e teléfono de contacto.
Estaremos encantados de responderche o antes posible.
Moitas grazas por visitala nosa web!
info@peixes.gal
ventas@peixes.gal
Whatsapp +34 644 217 257
Somos ondas, somos mar e praia, somos natureza, somos peixes
OCEANO
NATUREZA
SURF
MEDIO
AMBIENTE
Somos ondas, somos mar e praia, somos natureza, somos peixes